Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Horacio Casares retorna a Louredo


A serie rodada en Redes cumpre 200 episodios

“Padre Casares”, unha das series de máis éxito na historia da Televisión de Galicia, chega este domingo (22.00 horas) ao seu capítulo número 200 despois de 6 anos en antena e coa sorpresa da volta do seu personaxe máis emblemático, Horacio Casares. Pedro Alonso, o actor que interpreta o querido párroco de Santo Antonio de Louredo, regresa á serie de Voz Audiovisual afirmando que “é moi de agradecer que despois de tres anos reciban a un con tanto cariño”, di a CRTVG nun comunicado. Esta produción chega á súa décimo cuarta temporada marcada pola reaparición do personaxe que tras marchar a África como misioneiro volve a Louredo coa incógnita do papel que desenvolverá na vila nesta ocasión. “Son como visitas escondidas, non un regreso propiamente dito. O tempo pasa e marca ciclos, e agora Horacio é unha mestura do que foi e o que é”, apunta o intérprete.

Cultura14/02/2014Autor: Redacción

Segundo Pedro Alonso, o éxito do serial débese a que “tocou algo en que os galegos se recoñecen e que lles permitiu liberar de forma alegre a súa idiosincrasia”. De feito, tal foi a notoriedade da serie que incluso se chegou a facer a versión valenciana, a adaptación “Seynor Retor”, así como as versións andaluza e balear, tituladas “Padre Medina” e “Mossén Capellá”. “Padre Casares” recolleu tamén durante a súa traxectoria varios premios Mestre Mateo, un premio da Academia da Televisión á mellor ficción autonómica no 2008 e o Premio ¡Bravo, 2011!, concedido pola Conferencia Episcopal polo seu labor ao servizo dos dereitos humanos e polo seu reflexo dos valores evanxélicos.

Capítulo 200

Neste capítulo 200, Don Crisanto fai 80 anos, aínda que o sacerdote non quere que se comente demasiado debido a que teme que a diocese o substitúa á fronte da parroquia. Pero a noticia corre como a pólvora por Santo Antonio de Louredo e chegará axiña a oídos das autoridades da diocese, que mandan un novo sacerdote, de nome Perfecto e, para máis inri, de apelido Novo.

Mentres tanto, os veciños esmeraranse todo o posible para sorprender o ancián Crisanto: os seus fregueses, cunha celebración ao grande, e Delmiro, pola súa banda, cunha particular homenaxe, o que chegando de Delmiro é para botarse a tremer. E así é. Ademais, o alcalde traballará con tesón e no maior dos segredos, para lograr a expropiación da parcela sobre a que se erixe a igrexa parroquial.


Comentarios:
28/12/2016 - . EugeneGek ()
kamagra oral jelly propranolol visa
11/01/2018 - . Direct Lender Loans ()
paydayloan payday payday loans on line 10 top loan companies
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros