Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Escritor e poeta de 101 anos


José María Paredes Piñeiro

Conta con 101 anos e escrebe e recita de memoria poesías. Pasou corenta anos en Uruguay nas máis variadas profesións. Bar El Dorado en Montevideo, Parador Mosquitos en Soca, un cine en San Carlos. Hotel Marbella en Punta del Este. Son algúns dos establecementos que rexentou en Sudamérica José María Paredes Piñeiro. Pero el sempre se lembra da súa parróquia natal, de Magalofes.

Sociedade13/04/2014Autor: Redacción

“Vivir tranquilo e non facer mal a ninguén”. Esa é a receita de José María Paredes para cumprir tantos anos. Agora reside en Neda cunha sobriña pero lembra cando comezou a traballar con oito anos. “Plantábamos patacas, mainzo, trigo e coidábamos das vacas e dos porcos” lembra José María Paredes Piñeiro. Hai poucos anos unha furgoneta dunha panadería atropelouno nun paso de peóns en Neda. El non quixo denunciar ao conductor porque estaba en perigo o seu posto de traballo. Marchou para Uruguay con 17 anos e lembra os 16 dias da travesía marítima desde A Coruña. Ia con cen pesetas que lle deixou seu pai, pero a viaxe xa custou oitenta. Outro veciño de Magalofes, Robustiano, acolleuno na súa casa e mantivoo mentres non atopaba traballo. Pero José María Paredes soubo despegar na “Suiza americana”. Nos anos setenta volveu á terra e agora ainda visita todas as semanas á súa irmá de Magalofes. Ela xa cumpreu cento cinco anos.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros