Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A muralla, símbolo de Lucus Augusti


A Muralla símbolo da relevancia de Lucus Augusti

Talvez o monumento máis fascinante de todo o noso país, e o símbolo universalmente recoñecido da egrexia cidade que foi Lucus Augusti e que hoxe é a capital de Lugo. Universalmente admirada porque dende o ano 2000 a UNESCO incluíuna na listaxe dos momumentos que por todo o planeta son considerados Patrimonio da Humanidade. Máis de dous quilómetros de circunferencia cinguen a contorna do casco histórico, un espazo cheo de abondosos vestixios da época romana, moitos deles xa musealizados. Pero non hai museo capaz de acoller un prodixio de enxeñaría como a Muralla. O cinto que envolve o carozo de Lugo coñéceo como poucos o historiador Adolfo de Abel Vilela, autor de publicacións fundamentais sobre o monumento, e que é o mellor guía que podemos imaxinar para coñecermos no presente unha historia de miles de anos. Con el paseamos pola única fortificación romana do seu tipo que conserva íntegro o seu percorrido.

Cultura25/10/2015Autor: Redacción

A Muralla é a pegada máis visible de Roma en Lugo e fixo da capital da provincia un dos grandes centros de poder do Imperio. A profesora de Historia Antiga da Universidade de Santiago, Dolores Dopico, explicounos a relevancia diferenciada de Lucus Augusti. Ao cabo, segundo Dopico, como un satélite do poder romano, Roma é Lugo, e Lugo é Roma.