Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

As Universidades galegas fánse máis fortes


293 teses defendéronse na USC no 2013

As tres universidades integrantes do Sistema Universitario Galego (SUG), veñen de asinar un convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Xunta para a creación da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD), que ten como obxectivo xeral o de fortalecer o papel das universidades galegas no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, a través da colaboración institucional mutua e con outras institucións e entidades activas neste eido. Para o que a Xunta de Galicia achega 99.000 euros neste ano 2014.

Sociedade22/07/2014Autor: Redacción

Coa creación da RGCUD, que será coordinada pola Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), dependente da Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación, créase un instrumento para facilitar o desenvolvemento institucional das universidades de Galicia en materia de cooperación para o desenvolvemento, así como para a elaboración conxunta de proxectos e actividades académicas neste eido, onde o fomento da investigación na materia será un eixo fundamental.

O labor da RGCUD consonte ás liñas do III Plan Director da Cooperación Galega e da “Estratexia 2020” da Unión Europea, permitirá identificar o capital humano existente nas universidades galegas en materia de cooperación para o desenvolvemento, e poñelo ao servizo da sociedade galega, dándolle visibilidade ás accións desenvolvidas nas universidades galegas no dito eido. Para iso, estase a traballar na creación dun portal web que terá un espazo público e accesible a todo o mundo, onde se amosará toda a información sobre a Rede (actividades, convocatorias, cursos, etc.)

Outros dos obxectivos contemplados no proxecto da RGCUD, é o de promover a formación transversal en Cooperación e Educación ao Desenvolvemento, reforzando deste xeito a responsabilidade social das universidades. Na actualidade trabállase na elaboración dun programa formativo enfocado á comunidade universitaria, e no mes de setembro abriranse os primeiros cursos para persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador das universidades de Coruña, Santiago e Vigo.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros