Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O tempo das castañas


Castiñeiro do Hospital no Incio

Mentras non chega o inverno ainda é tempo de castañas. Os magostos, a festa tradicional da recollida dos froitos,  concentranse entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.  As castañas pódense comer cruas, fervidas, asadas ou doces. Aportan calorias, proteinas e vitamina C. A castaña préstase a multitude de preparacións tanto doces como salgadas, segundo Belika Acien, autora do libro “Castañas y fogones”. A castaña atesoura un alto valor nutritivo, acelera o crecemento e calcificacións dos ósos. Son boas para  enfermos de próstata e con transtornos menopaúsicos. Pola contra están contraindicadas para persoas con problemas dixestivos e para obesos.

Sociedade30/11/2017Autor: Redacción

As primeiras castañas son as migueliñas. Débense cocer unha vez limpas porque logo lles entra o verme. A verdella, coñecida como  a de gardar , é boa para asar. As larudas coñécense polos seus ourizos con espiñas finas, longas e mestas. Son boas para asar. As zapatudas, ourizos con espiñas curtiñas, pican pouco e son grandes, sabedoras para cocer e para asar. As luguesas negras son moi boas para cocer. As luguesas rubias, castañas clariñas que se poden asar. As luguesas do pais, se saen boas son preciosas, pero con moito verme, segundo sinala o mestre Secundino Garcia Mera, no seu traballo sobre as castañas, publicado no número de 2012 da revista “O Retorno” do Museo Etnográfico da Capela.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros