Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Despois do cancro, hai vida


Jésica Rodríguez e Cristina Piñeiro

A Asociación de trasplante de médula ósea, ASOTRAME de Narón, celebra esta fín de semana o seu primeiro  aniversario con diferentes actos.  O sabado 27 ás 11 da mañá presentarán o balance de actividades realizadas no último ano, no Café Teatro do Pazo de Narón. No mesmo encontro preséntase a revista da asociación “ Vivir é incríble”. Nela exprésanse os puntos de vista do enfermo, do profesional, socios e voluntariado.

Sociedade25/09/2014Autor: Redacción

O domingo, con motivo do Día Internacional do doante de médula ósea, farán unha ruta en bici coa colaboración do Club ciclista Os Pulpeiros de Mugardos que sairá ás 10 da mañá. Tamén un mercadiño solidario con música, nas inmadiacións da Casa do Mar, onde haberá xogos para nenos-as.

A presidenta de ASOTRAME, Cristina Piñeiro, amosouse satisfeita dos camiños que foron abrindo ao longo destes doce meses. E sinala un dos obxectivos máis relevantes da súa misión, conseguir doantes de médula para salvar vidas. Así falaba esta mañá en RF dun dos métodos de trasplante, tan sinxelo como descoñecido. “Despois do cancro, hai vida” Ese é o lema no seu primeiro aniversario.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros