Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Barbaridade na Fraga de Catasós


Fraga de Catasós en Lalín

Os castiñeiros máis altos de Europa, o monumento natural Fraga de Catasós, ameazados por un tendido eléctrico. A Consellería de Economía e Industria ven de autorizar que unha liña de alta tensión discurra pola fraga lalinesa, saltándose todas as normas legais que prohiben esta circunstancia en espazos naturais desta natureza, incluídos no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia, segundo denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural. 

Sociedade13/10/2014Autor: Redacción

A Consellería de Economía de Industria, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas emitíu unha resolución autorizando que unha liña de alta tensión (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal LAT 132 kV O Irixo-Lalín) pase polo Monumento Natural da Fraga de Catasós (Lalín), vulnerando tres normas legais que prohiben a instalación de tendidos eléctricos neste espazo:

    Decreto 76/2000, polo que se declara o Monumento Natural da Fraga de Catasós.
    Decreto 67/2007 polo que se crea o Catálogo galego de árbores senlleiras e se inclúe nel a Fraga de Catasós como "formación senlleira".
    Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade.

SGHN solicitou que se informe dos motivos polos cales se ignorou a lexislación vixente e que se derrogue esta resolución, así como que se realicen as xestións administrativas oportunas para evitar a afectación deste Monumento Natural.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros