Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Traballo, cultura e identidade da Mariña gárdanse no Museo do Mar


Fachada do Museo do Mar de San Cibrao

O Museo Provincial do Mar, pertencente á Rede Museística de Lugo, abríu as súas portas en San Cibrao en 1969. Nas súas salas pódese navegar pola tradición mariñeira da provincia, atendento aos pequenos detalles, como os instrumentos de navegación, e tamén aos grandes, tan grandes como as baleas, durante séculos as pezas máis cobizadas para a frota. O espazo radiofónico Encontros co Patrimonio, patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, visitou este Museo do Mar coa axuda da vixilante guía e responsable de didáctica desta instalación, Ángeles Miguélez. Ángeles, que ten discapacidade visual, destacou como o proxecto de musealización do centro ten en conta en todo momento a accesibilidade para que todos os visitantes poidan gozar das súas mostras.

Cultura13/10/2014Autor: Redacción

Este Museo do Mar debe o seu nacemento no ano 1969 a Francisco M. Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-pesqueiras. Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo. Hoxe é unha síntese das vilas mariñeiras da Mariña luguesa, nas que peiraos e barcos adobían o traxecto entre Ribadeo e O Vicedo. O Museo conta como a vida das súas xentes non se entende sen todo canto ofrece o mar: traballo, cultura e identidade.


Comentarios:
23/04/2017 - . JudithFat ()
wh0cd280221 purchase advair
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros