Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A férrea resistencia ao tempo das forxas de Riotorto


Ferreiros de Riotorto na década de 1930

En tempos foi industria, hoxe é artesanía, pero o que non mudou en Galicia, malia o paso dos séculos, foi que “ferro” e “Riotorto” medraron como sinónimos, converténdose o oficio de “ferreiro” case que no xentilicio desta localidade nororiental de Lugo. A relación do lugar co metal está datada dende ben antigo. Os primeiros restos históricos no territorio que ocupa o municipio corresponden á época castrexa e baixo a súa terra foron achados múltiples obxectos de ouro e bronce, destacando entre todos eles o torques de Riotorto, fabricado entre os séculos III e I antes de Cristo. Hoxe Riotorto e a súa contorna conforman o maior núcleo ferreiro do Norte da Península, pero non só polos vestixios e as lembranzas que aínda se conservan, senón tamén por aqueles que continúan o oficio. Para saber máis, Encontros co Patrimonio falou cun destes artesáns, o secretario da Asociación de Ferreiros, Ángel Villada.

Cultura07/11/2014Autor: Redacción

Sobre as pegadas prehistóricas, á beira dos ríos en Riotorto comezaron a proliferan as moas de afiar, símbolo dunha terra produtiva no forxado de ferramentas e que erixiu monumentos de traballo como o mazo da Fraga. O de ferreiro nunca foi oficio sinxelo, mais sempre foi respectado. Algúns dos veciños máis egrexios de Riotorto, practicárono, como Xusto Rivas Fernández, que foi ferreiro e chegaría a bispo de Plasencia; ou Xosé Chavarría a quen sen lle atribúe a fabricación pioneira dun carro de combate que as tropas aliadas usaron na I Guerra Mundial.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros