Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A Abadía de Samos, unha hospedaxe para o camiñante e para o patrimonio


Vista da imponente abadía, co maior claustro do Estado

Guiados polo sons das campás chegamos até moi preto de Sarria, seguindo o curso do río Oribio. E ao igual que nós, moito antes pasaron por este lugar xentes de toda procedencia, pobos que foron e que xa non son, persoas que tanto quixeron atopar refuxio como coñecemento. Estamos en Samos, onde xa no século VI, da man de San Martín de Dumio, decidiron construír o seu fogar os primeiros relixiosos que fundarían o Mosteiro de Samos. Encontros co Patrimonio visitou este monumento único da man do seu mellor coñecedor, o prior da Abadía, José Luís Vélez.

Cultura24/10/2014Autor: Redacción

Hai pegadas no lugar de celtas, suevos, visigodos, musulmáns e, sobre todo, dos abades que, seguindo o principio do “ora et labora”, lograron, xa baixo a regra de San Bieito, que a Abadía de Samos resistise o pasar dos séculos, convertida en Real Mosteiro de San Xián. Non só o recinto, que inclúe o maior claustro do territorio español é monumental, senón que tamén o é a súa historia, a que construíron os seus hóspedes egrexios. Samos foi fogar do Padre Feijóo, unha figura fundamental para a cultura galega, e nas súas habitacións recibiron a hospitalidade que aínda hoxe se conserva reis e artistas. Pero o mellor de todo isto, é que non é só unha lembranza do pasado, senón que é tamén un patrimonio conservado para o presente no que é posible hospedarse.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros