Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Chévere logra o Premio de Teatro 2014 do Ministerio de Cultura


Un dos espectáculos de Chévere

A compañia galega de teatro Chévere recibiu o Premio Nacional de Teatro 2014, dotado con 30.000 euros polo Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música dependente do Ministerio de Cultura. O xurado valorou especialmente a "coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes do teatro documento e na transgresión de xéneros" e tamén a súa "vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica", destacando os seus últimos espectáculos: Citizen, Eurozone e Ultranoite no País dos Ananos.

Sociedade26/11/2014Autor: Redacción

Na súa elección, o xurado tamén tivo en conta o "forte compromiso co ámbito cultural galego", a súa "crecente proxección internacional". De igual xeito, salientou "o achegamento do teatro a distintos colectivos sociais e ao ámbito pedagóxico, fomentando a participación cidadá" sinalando a actividade e funcionamento da web redenasa.tv.

A compañía destacou que "precisamos de boas novas. Non só nós en particular, que tamén, senón todos en conxunto".  E reiterou a convicción de que o galardón premia "o teatro feito en Galicia, que é o mesmo que dicir ao teatro feito en galego", "o teatro que resiste en Galicia mentres o poder político desmantela o sistema cultural galego coa coartada da austeridade", "ese teatro galego que resiste frente á indiferenza do poder económico e financeiro" e "ese teatro galego que resiste coa mirada cómplice de milleiros de persoas que seguen asistindo e participando do feito teatral en calquera vila e cidade de Galicia".

Chévere destaca así mesmo que "nos últimos anos o noso traballo no escenario quixo ser unha prolongación dese berro xurdido nas prazas galegas arredor de Nunca Máis e en moitas outras prazas españolas en 2011 arredor do 15M. Un teatro feito ao pé da realidade, coas orellas moi abertas e combativo. Porque consideramos que o teatro é un foro público, unha arte visceral que acontece a partir do roce, do contacto e da fricción entre as persoas". E afirma que aínda que acepte o premio "Chévere non é complaciente co poder, e non o será desta volta"