Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Merca con conciencia este Nadal


Galletas de Por+vida feitas para o Nadal 2013

O Concello de Fene, A Coruña, xunto ás entidades  Por+Vida- asociación oncohematolóxiaca- e Asotrame -Asociación de trasplantados de médula ósea- organiza o domingo 21 de decembro, un Mercado Benéfico de Nadal. Celébrase na praza do Concello entre as 11 e as 20 horas, baixo unha carpa climatizada. A AVV de Sillobre, a AVV San Xurxo de Magalofes, a ACDR Liga de Amigos de Barallobre, a AVV Santo Samarco de Sillobre e o CCRD de Perlío terán un papel destacado nesta cita, xa que estarán presentes a través dos seus respectivos postos ofrecendo dende bolos preñados ata doces, empanadas ou filloas.

Sociedade16/12/2014Autor: Redacción

A recadación destes productos, totalmente artesanais, así como a do resto dos postos, destinaránse a apoiar o labor de diferentes asociacións como Por+Vida, Asotrame ou Arraigo. Jésica, vicepresidenta de Asotrame, falounos de a que destinarán a recadación, que no seu caso irá parar á investigación e a campañas para lograr máis doantes de médula. As entidades fenesas acordarán os destinatarios dos fondos que logren no Mercado cos seus postos.

Haberá 25 postos solidarios, sobre todo de artesanía, para facer as súas compras de Nadal. Pero o Mercado Benéfico de Fene ofrecerá toda unha serie de actividades paralelas. Así, o público poderá participar nun photocall solidario, disfrutar da música do DJ Desmadre ou da actuación de “Berros do Castro”, seguir os talleres de papiroflexia a cargo de Antón Cortizas e de globoflexia, dos inchables ou probar fortuna nos diferentes sorteos de agasallos doados polo comercio fenés. Así mesmo, a organización habilitará caixóns para que os asistentes que o desexen depositen os seus donativos.


Rosa Graña
presidenta de Por+vida
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros