Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Fene reparte o recadado no Mercado Benéfico


Representantes das entidades, no salón de plenos

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu o acto de entrega da recadación do I Mercado Benéfico organizado o pasado mes de decembro polo Concello, a través da Concellería de Promoción Económica, e as entidades
Por+Vida e Asotrame. Celebrouse no salón de plenos e as entidades destinatarias foron Cáritas Fene, Cociña Económica, Arraigo, e as propias coorganizadoras Asotrame e Por+Vida. Juan José Franco, informou de que a recadación lograda ascendeu a 2.329,33 euros.

Sociedade09/02/2015Autor: Redacción

Lembrouse que o público asistente tiña ásúa disposición urnas cos nomes das asociacións, así como que distintas entidades veciñais do municipio colaboraron en gran medida preparando alimentos –sobre todo postres- cuxa venta destinaron íntegramente a ese fondo solidario. or isto, o concelleiro de promoción económica agradeceu especialmente a implicación e axuda da AVV de Sillobre, a AVV San Xurxo de Magalofes, a ACDR Liga de Amigos de Barallobre, a AVV Santo Samarco de Sillobre e o CCRD de Perlío. Os destinatarios dos fondos
reunidos foron seleccionados polas propias asociacións.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros