Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 15 de Agosto de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Un barco do século dezasete, posible orixe do pecio de Santa Comba


José López Hermida dirixe a revista Columba

O máis probable é que nos atopemos cos restos dun pecio de trece metros de eslora e tres de manga. Está construido en madeira de carballo, en todas as pezas da estructura, forro, cuadernas e clavixas. No entorno do xacemento atopamos algúns pedernais de silex que interpretamos como parte de lastre do barco. A proa e a popa están adaptadas para a navegación polo Atlántico. O máis probable é que pertenza a un buque do século dezasete ou dezaoito. Son algúns dos datos que ofrecen Marcelo Rodriguez e Carlos Vilches no seu artigo sobre o pecio de Santa Comba (Ferrol A Coruña) no número quince da revista Columba. O temporal en febreiro de 2014 deixou ao descuberto boa parte da estrutura do barco, pero volveu sepultalo ás poucas semanas.

Sociedade27/03/2015Autor: Redacción

Outro traballo explica o achádego do canón de ferro de O Medote. Tamén o biólogo Xan Rodriguez Silvar fala noutro artigo sobre as “Aves migratorias, os outros visitantes de Prior”. Descubrenos Rodriguez Silvar un observatorio de aves que funciona todos os primeiros sábados de mes, na segunda batería do cabo Prior, ao que acuden observadores de toda España. A axuda institucional do Concello de Ferrol permite que a Sociedade Cultural Columba poda editar esta revista cultural que xa está a disposición das persoas interesadas na Biblioteca Columba de Covas.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros