Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Puntada sen fío preséntase na casa


Puntada sen fío actuou en Fene o 1 de xuño de 2015

Non dar pancada ou non dicir palabra. Pero tamén traballar de xeito calculado. Son os significados da expresión Non dar puntada sen fío. Puntada sen fío é tamén a denominación dun grupo musical que pretende distinguirse pola súa sonoridade á hora de interpretar a tradición musical galega. A voz de Xiana Lastra, o vibráfono de Juan Collazo e o saxo de Roberto Rama mistúranse ata lograr a emoción do público. Puntada sen fio e Guadi Galego actuan ás nove e media desta noite na Praza Pedro Carvajal de Caranza (Ferrol)

Cultura19/08/2015Autor: Redacción

Puntada sen Fío é un grupo de recente creación, formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (vibráfono e percusión) e Roberto Rama (saxo), que presenta o seu primeiro traballo discográfico: A lúa prendeu a luz.  O disco recolle cantigas baseadas na nosa música tradicional, pero tamén de autor ou mesmo algunha de fóra de Galicia traducida á nosa lingua. Todo isto, aderezado pola maior peculiariedade do grupo: a súa sonoridade, dada polos instrumentos nada habituais que utilizan.


Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como O Meu Primeiro Celso Emilio ou A Miña Primeira Rosalía, a súa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos, nacendo así esta nova formación que quere ter persoalidade propia. segundo a voz do grupo, Xiana Lastra.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros