Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental da fervenza do Belelle


A fervenza do Belelle

Cincuenta metros de caida de auga poden contemplarse na fervenza do río Belelle, no límite entre os concellos de Fene e Neda. A auga precipítase en torrentío nunha auténtica marabilla da natureza con gran valor paisaxístico, ecolóxico e medioambiental. Auga desatada a cachón que torna en escuma e finísimas burbullas cando bate contra o río na procura de acubillo, río que vai enchendo ese mar tamén noso, segundo salienta Ramón Muñiz no seu libro "Guía das Fervenzas da Coruña".

Sociedade22/08/2015Autor: Iván Varela

Para acceder en automóbil
Desde Neda collemos ata o lugar do Roxal. Alí, no medio da aldea, cóllese á dereita por unha rúa que indica o Camiño da Fervenza, e que pasa polo Pazo de Isabel II, antiga fábrica téxtil. Bordeando o río por unha estreita pista asfaltada, e despois dun quilómetro, pásase a antiga fábrica de papel de Nicasio Taxonera e chégase ao final onde se sitúa a central eléctrica. Apárcase o coche e pódese atravesar a cancela do valado, para seguir rodeando unha sebe, atravesar unha ponte de cemento e subir por unha senda cara ao monte, desde onde a fervenza se pode contemplar a uns trescentos metros.

Para acceder a pé
En Fene cóllese cara Sillobre, onde nos diriximos á aldea de Marraxón. Ao chegar ás casas, hai que aparcar o coche, e baixaremos por un carreiro que en zig zag nos levará ata a fervenza. O coto do rei, no cumio de Marraxón alcanza os 341 metros de altitude e o descenso ata o nivel do mar realízase nunha senda peonil en tres tramos. O primeiro, de 550 metros parte de Marraxón até a canle de auga de servizo á central. O segundo de 800 metros, descende pola ladeira do monte até o rio Belelle xunto ás instalacións da central eléctrica. O terceiro de 200 metros enlaza a central co pé da fervenza a carón das augas do río.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros