Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O mariscal Andrés Piñeiro e o pazo da Ribeira do Belelle


Escudo do pazo da Ribeira do Belelle

O mariscal e coronel do Reximento de Artillería Andrés Benito Piñeiro y Osorio viviu na casa da Ribeira do Belelle en Sillobre. Nacera en Viladonelle en Neda en 1699. Participou nas guerras de Orán e de Italia.  O blasón contén as armas dos Piñeiro e doutros apelidos da familia. Nos últimos anos da súa vida, é destinado a Vigo, onde morre.

Sociedade20/09/2015Autor: Iván Varela

Andrés Piñeiro entrou no exército moi novo e parte da súa vida militar exerceuna en Ceuta, en Orán e máis nas guerras da Italia. Casou con Ana María Dopico e tivo unha filla María, quen casou co veciño de Pontedeume Cayetano Gonzalez de Lastra y Acevedo. Obtén o título de mariscal e o permiso para contar con blasón en 1765. Nos últimos anos da súa vida, é destinado a Vigo, onde morre.

Destinado en Ceuta


Andrés Benito Piñeiro y Osorio vai a Ceuta en 1712. En 1734 recibe feridas en Orán. Máis tarde participa nas guerras de Italia. Pouco tempo debeu pasar na casa da ribeira do Belelle, pero posiblemente foi él quen mandou colocar enriba da porta do edificio, un gran blasón, coas armas dos Piñeiro, e doutros apelidos da familia.

Segundo fontes orais, dunha das campañas en Italia, trouxo unha mesa de ouro que os seus descendentes nunca atoparon. A muller e a filla tolearon ao morrer o mariscal. Queimaron todos os seus documentos e fixeron moito dano nas súas propiedades.


Segundo a Gaceta de Madrid, o 4 de xaneiro de 1774, o Rei promove a mariscal de campo a Andrés Benito Piñeiro, coronel do Rexemento de Infantería de Toledo. En xaneiro de 1776 o Rei alude aos informes que o conde de O Reilly deu “del espiritu con que procedieron las tropas de su Exército en la función ocurrida contra los moros en la playa de Argel el dia 8 de julio proximo pasado, y a los que igualmente ha dado Don Juan Sherlock de la constancia con que resistieron y defendieron al presidio de Melilla, del sitio que le puso ultimamente el Rey de Marruecos”. Promove a mariscal de campo ao brigadier Andrés Benito Piñeiro, que debía ser fillo do anterior, co mesmo nome.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros