Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

As escolas de emigrantes


Escola da sociedade Fillos de Limodre

O seis de novembro de mil novecentos vintesete inaugurouse este edificio construido coa colaboración da xente de Limodre e coa aportación económica dos emigrantes en Cuba. Ao igual que as escolas Curros Enriquez de Maniños e Concepción Arenal de Fene, esta edificación foi decisiva na mellora do sistema educativo e no progreso cultural da sociedade fenesa. Poucos anos antes, o avogado Rodrigo Sanz elaborara un completo informe sobre o estado das escolas no Concello de Fene. A descrición dun ensino con moitas carencias sen dúbida serviu de acicate para este importante proxecto pedagóxico.

Sociedade29/08/2015Autor: Iván Varela

"No conxunto de Galicia podemos estar falando de máis de 330 aulas só de fundación societaria, ás cales hai que engadirlles as de creación individual, que son en torno ao cento. Co cal, o total de escolas de emigrantes en toda Galicia superará as catrocentas", explica Vicente Peña, profesor de Historia da Educación na Universidade de Santiago.

Segundo Peña, esta rede de "escolas de americanos" foi crucial como vehículo de transformación social do país. "É a experiencia de educación popular máis xenuína e importante que tivo lugar en Galicia", asegura o investigador. Un modelo educativo que non tiña un modelo didáctico único senón que respondían ao "minifundismo" tan enraizado na mentalidade galega. "A súa vontade –explica o profesor Peña– era superar as carencias das escolas públicas do momento. Seguían en boa medida o programa dos centros públicos pero mellorados cos coñecementos, por exemplo, da Institución Libre de Enseñanza, aderezada coas ideas novas chegadas dende os centros de emigración como Bos Aires ou A Habana".


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros