Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Juventino Trigo: “O tripartito de Fene marcha moi ben”


A escola infantil do Carril - Fene- este verán

O vindeiro martes, 15 de setembro, abre o período de matriculación para os Obradoiros e Escolas Deportivas Municipais do Concello de Fene. As persoas interesadas en apuntarse en calquera das actividades programadas pola Concellería de Deportes deben achegarse polas dependencias administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín. O alcalde de Fene falou esta mañá en Radio Fene da boa marcha do novo goberno tripartito de Fene que conforman o BNG, PSOE e Somos Fene. Asentaronse, acoplaronse, informáronse e agora empezan a traballar cada quen na súa área de actuación. Deses comezos, dos plans e proxectos falamos con Juventino Trigo, quen afirma que "o tripartito funciona perfectamente".

Sociedade08/09/2015Autor: Redacción

O concello de Fene está actuando nas praias de Coído e Río Sandeo para evitar a caída de árbores sobre o areal. A concellería de Medioambiente, que preside Mariela Aguilar, conta coa colaboración de Costas e da Consellería de Medioambiente da Xunta para acometer a eliminación daquelas árbores que corren perigo de derrumbarse sobre o areal. Convistas ao futuro e para evitar este perigo, colocaranse barreiras naturais de madeira na praia de Coído e un muro na de Río Sandeo.  As obras iniciáronse onte e durarán aproximadamente quince días, segundo informa a edil de Medioambiente de Fene. Con esta execución evitarase que o coto que cae vertical sobre os areais de Limodre non se vaia erosionando cando suben as mareas ou cos temporais de inverno.


Esa é unha das actuacións do novo goberno de Fene pero hai máis obras en marcha, segundo nos detallaba esta mañá o alcalde no espacio As Foxas. Empezando polas adecuacións das instalacións deportivas municipais ou polas da reposición da canalización de auga na Avda das Pías e seguindo polas obras pertencentes ao PAI da Deputación. Aquí se incluen os bloque 1 e 2 de San valentín e o aparcamento no economato de Navantia no barrio. Confirmaba Juventino Trigo que xa está asinados os contratos das obras na rúa Maroño e Cadabal en Perlío. Así mesmo estanse executando a pavimentación e instalacion de auga e saneamento na rúa Unión de Maniños.

O fomento do emprego é unha liña de actuación que o novo goberno empeza cun Obradoiro de formación para 28 alumnos menores de 30 anos. Na proposta de creación de emprego, Fene vai elaborar unha bolsa de sustitutos-as nas conserxerías das instalacions municipais, incluídos os centros de ensino. O xoves empeza o curso escolar para o alumnado de infantil e primaria. Fene ultima as reformas necesarias nos colexios públicos. Non estará para comezar o curso a Escola Infantil do Carril porque quedan moitos frentes abertos antes de poder abrir as súas portas, pero o concello continúa o proceso.

Consultamos a Juventino Trigo sobre dous temas que sairon á palestra no último pleno: as instalacións de Fondomar no peirao de Barallobre e a reforma do campo de futbol do Maniños. Sobre este último, o alcalde informou que esta semana terán o permiso de Augas de Galicia que estaba pendente e agarda que o proxecto se aprobe na Deputación no próximo pleno provincial.

Fondomar está presente na axenda no goberno local. Trigo agarda poñer en común as ideas de todolos grupos e que haxa o maior consenso posible á hora de determinar qué usos se lle darían a ese entorno e ao propio edificio hoxe en ruínas.


Juventino Trigo
Alcalde de Fene
Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros