Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Se alguén cometeu irregularidades, debe pagar, afirma Xavier Trías


Xavier Trías en Radio Fene

“Se alguén cometeu algunha irregularidade, terá que pagar por iso e Convergencia Democrática de Catalunya non intentará escapar de responsabilidades” afirma o ex-alcalde de Barcelona Xavier Trías, actual presidente do grupo municipal de CDC na capital catalana.  “Pero o que está a pasar estes dias é unha cousa insólita, porque algúns medios de comunicación adiantan os próximos pasos da xustiza ou da policia, e iso provoca un linchamento público sorprendente” suliña Trías.

Sociedade01/11/2015Autor: Redacción

O rexedor confia no  acordo entre Junts pel Si e as CUP para a formación dun goberno en Cataluña. “Artur Mas liderou ata agora todo o proceso con xenerosidade e convicción. Se ben é verdade, que o futuro non pode depender dunha persoa, confio en que seremos quen de avanzar, ainda que se non se chega a un acordo, haberá novas eleccións” manifesta o ex alcalde de Barcelona.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros