Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

As obras feministas non son só para mulleres


Patricia e Loaira

“As obras feministas non son só para mulleres” advirte a empresaria Patricia Porto, quen lidera o proxecto cultural Lila de Lilith. Libraría, espazo de eventos e pequena editorial con sede en Santiago o proxecto presentará a axenda feminista 2016 en Pontevedra. Elas na ciencia leva por título este traballo desenvolvido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e que será presentado este sábado 5 ás 19 horas no Espazo Libro do Culturgal 2015.

Sociedade05/12/2015Autor: Álvaro Peralta

Vanesa Valdeiglesias, bióloga e Premio Universitario 2010 da Universidade de A Coruña; Josefina Ling Ling, matemática e astrónoma; Aída Fernández Ríos, oceanógrafa investigadora do CSIC; África González Fernández, directora do Cetro de Investigacións Biomédicas; Sonia Villapol Salgado, profesora de Neurociencia na Universidade de Georgetown; Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía en Santiago; María Isabel Fernández García, química e investigadora; Elena Vázquez Abal, matemática do Departamento de Xeometría e Topoloxía de Santiago; Susana Martínez Conde, científica da Universidade do Estado de New York, Ana María González Noya, química da Universidade de Santiago e María Isabel Loza García, doutora en Farmacia da USC; achegan as súas testemuñas sobre igualdade de xénero no mundo científico. A axenda as recolle na cabeceira de cada mes. 
Sinala Patricia Porto que a axenda está feita integramente por mulleres como o resto das obras vinculadas ao seu proxecto Lila de Lilith. “Lila de Lilith só ofrece literatura escrita por mulleres porque aposta a visibilizar a mirada feminina do mundo, especialmente das galegas. Mais non por isto son produtos culturais que exclúan aos homes. O contrario”. 


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros