Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

ADEGA outorga os Premios Osíxeno e Dioxina ás actuacións ambientais de 2015


Cartaz da convocatoria dos premios de ADEGA

O Secretario técnico de AGA, Xesús Arorey, alzouse co premio Osíxeno 2015 na categoría individual e a Granxa Arqueixal, o Premio Osíxeno na categoría colectiva. A empresa ENCE e o Cumio do Clima de París álzanse cos Premios Dioxina 2015 polas malas prácticas medioambientais. Os galardóns outorgaranse o día 30 de xaneiro no transcurso dun xantar en Compostela.

Sociedade14/01/2016Autor: Redacción

Esta 15ª edición dos tradicionais premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental na Galiza, coincide tamén coas celebracións dos 40 anos da organización, consituida en 1975 e legalizada en 1976.Xa que logo queren recoñecer o traballo e o compromiso xeneroso dos milleiros de socios e socias de ADEGA ao longo destes 40 anos. Para eles vai o premio Osíxeno de Honra por termar do ecoloxismo galego e defender a natureza do país durante todo este tempo.

Premios Osíxeno 2015 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano.


-Premio OSÍXENO 2015, categoría individual: Xesús Asorey Martínez, secretario técnico da AGA (Asociación Galega de Apicultura) pola súa loita incansábel por divulgar e manter viva esta actividade tradicional, especialmente nos últimos tempos cos problemas dos pesticidas e a vespa velutina.

-Premio OSÍXENO 2015, categoría colectivo: á Granxa Arqueixal, referente da produción ecolóxica en Galiza e exemplo de dinamización e posta en valor do medio rural con iniciativas respectuosas e sustentábeis.

Premios Dioxina 2015 ás accións máis nefastas para o ambiente

-Premio DIOXINA 2015, categoría individual:  á empresa ENCE, pola súa teima en seguir contaminando outros 75 anos a ría de Pontevedra e ser responsábel da enorme estensión do eucalipto en Galiza. Neste 2016, ENCE fóra pra sempre!

-Premio DIOXINA 2015, categoría colectivo: Aos "líderes mundiais" responsábeis do decepcionante resultado do Cumio do Clima de París. A súa falla de visión e de responsabilidade ao pechar un acordo sen medidas urxentes nen compromisos vinculantes, supón outra oportunidade perdida na loita contra o cambio climático.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 30 de xaneiro a partires das 14:30h na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros