Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

ADEGA celebrou a 40 Asemblea Xeral e entregou os premios Osíxeno 2015


Premios Osíxeno 2015

ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza. A Asemblea aprobou tres resolucións que teñen que ver con Ence, a Lei de Acuicultura e coa sentenza do Prestige. No decurso do xantar de confraternización da 40 Asemblea, entregaronse os premios Osíxeno 2015. Foron premiados/as na categoría individual o apicultor e secretario técnico de AGA (Asociación Galega de Apicultura) Xesús Asorey; a Granxa Arqueixal na categoría colectivo e na de honra ao socio/a máis novo (Xoel) e ao máis veterano (Paco Graña) presentes no acto, en representación de todos os socios/as que ao longo destes 40 anos mantiveron vivo o ecoloxismo galego.

Sociedade01/02/2016Autor: Redacción

Propostas de resolución da 40 Asemblea Xeral de ADEGA

Ence e ría de Pontevedra: A Asemblea de ADEGA rexeita a concesión da prórroga a Ence en Lourizán perpetrada polo governo español en funcións, amosa a solidariedade coa cidadanía de Pontevedra e comarca fronte a este atropelo e demanda do novo governo do estado a revogación inmediata da prórroga, a derrogación da modificación da Lei de Costas e a declaración da caducidade da concesión de ocupación de terreos públicos do emprazamento de ENCE en Lourizán.

Lei de acuicultura: A Asemblea de ADEGA exixe a inmediata retirada do borrador de lei de Acuicultura recentemente presentado polo governo de Núñez Feijóo. O noso litoral e as nosas rías deben ante todo seren protexidas para manter o seu equilibrio ecolóxico, garantía para un aproveitamento sustentábel dos seus recursos. Equiparar a acuicultura industrial co marisqueo e a pesca tradicional non é ordenar o sector como di Feijóo: significa entregar o noso litoral ás multinacionais dos peixes de plástico, os antibióticos e as hormonas.

Sentenza do Prestige: A Asemblea de ADEGA lamenta que a recente sentenza do Supremo sobre a catástrofe do Prestige non contemple a revisión do proxeso para xulgar aos principais responsábeis administrativos da catástrofe. Xa que logo, coa confirmación da absolución de López-Sors, certifícase a impunidade dos cargos políticos responsábeis das decisións que converteron un accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza, e reafírmase a indefensión da cidadanía e o ambiente galego fronte a casos similares. Neste senso, a Asemblea de ADEGA manifesta o seu apoio á Plataforna Nunca Máis nun eventual recurso xudicial fronte ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros