Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

“Autómatas”, o proxecto global de Kógito


Kógito ao completo

Dez anos despois de comezar a tocar xuntos cando aínda estaban no instituto, os vigueses Kógito cambian as versións das súas bandas favoritas polas súas propias composicións no seu primeiro longa duración, Autómatas. Trece temas produto dun compendio entre o pasado, o presente e o futuro do grupo nos que atopamos ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegañentas, como asegurou en Radiofusión o vocalista de Kógito, Natxo. Ademais, ao bo facer dos dez integrantes da banda únense El Pillo Astuto no tema “Kógito”, Xurxo Souto en “8 que 80”, Innoppiah en “Sen alambrar” e Torroso da Turre´s Band en diversos cortes.

 

 

Cultura26/05/2009Autor: Eva Ocampo Pena

Autómatas configurouse en dúas fases nos Estudos Areamaster de Vigo. Primeiro graváronse as bases en setembro e outubro do pasado ano e entre estes meses de febreiro e marzo e tras un período de reflexión déronlle a forma definitiva ao disco.

Natxo afirma que con este álbum Kógito quería “un proxecto global, da xente”. Por iso contaron con colaboracións, pero tamén coas fotografías de quen desexase estar presente no libreto de Autómatas.

Este primeiro LP da banda é un disco no que atopamos variedade rítmica e estilística que segundo o vocalista de Kógito, débese “a que os dez compoñentes achegan o seu gran de area a cada idea e a cada tema”.

Un proxecto que supuxo para os vigueses un esforzo en moitos sentidos, tamén no económico dado que é un álbum autoproducido e autoeditado. Pódese mercar nos seus directos, uns concertos que os levarán este sábado ao Pub Gatos de Melide, para seguir o resto do verán por festivais e salas galegas; así como por territorio portugués.

 

 

 

 

 

 


Myspace de Kógito (Neste espazo estarás informado da súa xira de concertos)
Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros