Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Adianto de Pelerinaxes no Pazo de Trasalba


Cartaz do filme

O cineasta Simone Saibene- nado en Busto Arsizio (Italia) en 1977- proxectará por primeira vez o 26 de xuño o trailer do seu filme ‘Pelerinaxes’. Presentarase na entrega do Premio Trasalba 2016, no pazo que alberga a Fundación Otero Pedrayo, en Ourense, como adianto do que será a súa segunda longamentraxe. Foi elixido este lugar porque o libro ‘Pelerinaxes I’, deste autor, inspirou a última película de Saibene, que se estreará en Galicia e no Festival de Cournoualle (Francia) no mes de xullo. A Fundación Otero Pedrayo foi tamén un dos plató elixidos polo director para a rodaxe da película.

Sociedade14/06/2016Autor: Redacción

Este filme fai o mesmo percorrido que en 1927 fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido (Cedeira). Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña (Vilamarín, Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Rábade, Vilalba, As Pontes e Ortigueira, entre outros.

Protagoniza a longametraxe a actriz Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, morto anos atrás nun accidente.

‘Pelerinaxes’, que se sitúa entre a ficción e o documental, é o camiño que fai Luzía para a reconciliación co seu pasado. Neste traballo altérnase o percorrido da protagonista con entrevistas a homes e mulleres, figuras do mundo cultural galego coma Laura Tato, Valentín Carrera, Patricia Arias Chachero, Susana Reboreda, Carme Fernández-Pérez Sanjulián, Luis Martínez Risco ou Alberto Allegue.

Ademais da actriz Carmen Méndez, o reparto deste filme confórmano tamén os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. A última, neta de Vicente de Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó por ser considerado un revolucionario durante a ditadura de Primo de Rivera.

A banda sonora de ‘Pelerinaxes’ foi composta por Daniel Minimalia, Ruxe-Ruxe, MCarballo, Elena Domínguez e Miguel Álvarez e foi gravada integramente en directo.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros