Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A carreira pola médula de Narón


Cristina Piñeiro preside ASOTRAME

A Carreira pola médula de Narón ou II Carreira Solidaria Asotrame percorrerá a zona da Gándara o domingo vintecinco de setembro. A recaudación da proba destinaráse aos bonos de axuda aos familiares de persoas transplantadas de médula ósea. Deben pasar un mes ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña e nalgúns casos non teñen recursos económicos para afrontar ese acompañamento. Os servizos sociais do CHUAC indícanlle á Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea as persoas que necesitan as axudas.

Sociedade15/09/2016Autor: Redacción

A Carreira pola médula reuniu o ano pasado a caseque mil persoas e recaudou 2.500 euros que se destinaron ás investigacións sobre cancro hematolóxico do doutor Bello da Fundación Ramón Dominguez.  O listón está moi alto pero este ano non queren ser menos. As persoas interesadas poden apuntarse na web de carreiras galegas. Os adultos percorrerán un traxecto de 5 quilómetros cunha cuota de 8 €, a rapazada pagará 1 € e a xente que se inscriba na andaina (3 quilómetros) 4 €.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros