Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A investigación xenética e o tratamento do cancro


VI Comida Solidaria AECC Ordes

O doutor Ángel Carracedo destaca “a importancia que hoxe en día ten a investigación xenética, a cal conleva importantes avances nos tratamentos que repercuten directamente na calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade”.  Carracedo fixo en Ordes unha breve explicación sobre como se forman e en que consisten os procesos canceríxenos.

Sociedade17/10/2016Autor: Redacción

A AECC Ordes celebrou o domingo dezaseis de outubro a súa VI Comida Baile Solidaria, á que asistiron preto  De 400 persoas de todos os puntos da comarca e incluso doutros lugares da provincia. Nesta ocasión o prestixioso investigador e oncólogo Ángel Carracedo apadriñou este acto no que estivo respaldado, entre outro, pola súa colaboradora e doutora en bioloxía Clara Ruíz, natural de Ordes. Como é habitual tamén se contou coa presenza de Elena Viturro e Marcos Calvo, presidenta provincial da AECC da Coruña e psicólogo da asociación.


Pola súa banda o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, insistiu na importancia de “educar en saúde” e “nos hábitos saudables como medida preventiva”, convidando a todas e a todos os asistentes “a que se valgan das posibilidades que se brindan dende o Concello como son as actividades e circuítos deportivos, das que a día de hoxe xa participa o 23% da poboación”. Tamén fixo alusión aos inicios do Dr. Carracedo “como discípulo do ilustre ordense Dr. Luis Concheiro Carro, catedrático de Medicina Legal e coartífice xunto co convidado deste ano de que Santiago sexa unha referencia mundial en oncoloxía”.

Acto relevante

A comida solidaria da AECC Ordes, que este ano tivo lugar no restaurante O Barreiro, é unha das citas sociais e solidarias máis importantes de toda a zona. Dela participan veciños, veciñas e representantes de todos os sectores, asociacións e institucións ordenses.

Ademais da maioría dos concelleiros do Goberno local este ano tamén asistiron outros moitos membros da oposición, así como o presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades, Roberto Rey. Todas e todos eles tiveron a oportunidade ser obsequiados cun dos moitísimos agasallos doados polos comerciantes de Ordes.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros