Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Margarita Ledo gaña o premio Ramón Piñeiro Facer país


Margarita Ledo Andión

A profesora, xornalista e directora de cine é unha das figuras clave para entender o feminismo e a emigración en Galicia. O xurado destacou de Margarita Ledo Andión “o seu constante compromiso coa nación na súa creadora actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta”. No repaso da súa obra (da creativa, literaria e cinematográfica, da laboral, xornalística e académica, da actividade política e cultural) vai xurdindo a súa persoal reflexión sobre a historia de Galicia, o seu interese por eses momentos máxicos de creación colectiva –a época de Xelmírez, as Guerras Irmandiñas, o Rexurdimento, os anos das Irmandades e a Xeración Nós– que nos colocaron no tempo lineal da Historia.

Sociedade21/10/2016Autor: Redacción

Cualifican á académica de “partícipe fundamental no activo proceso de dignificación e renovación dos valores propios da Cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación”.

Así mesmo, o xurado destaca da premiada o seu compromiso coa emigración e na defensa dos valores da liberdade e a democracia, e o seu labor para tender pontes de comunicación co mundo da lusofonía e a favor da “dignificación” das mulleres.

O Premio Ramón Piñeiro Facer País convócao a Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración de diferentes colectivos culturais da comarca que comprende os municipios lucenses de Sarria e O Corgo.

O primeiro premiado con este galardón foi o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo no ano 2002, e en sucesivas convocatorias tamén recibiron o galardón, entre outros, o actor Luís Tosar, o grupo Milladoiro, o político Xosé Manuel Beiras, a Real Academia Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística, entre outras persoas e entidades.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros