Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Capicua e Xabier Díaz, novos talentos no Principal


Xabier Díaz en Ferrol. 28-10-2015

Capicua, unha estrela do hip-hop, e Xabier Díaz, un renovador do folclore tradicional, tocarán este martes a partir das 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela na gala de premios Ari[t]mar, unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas. Estes premios teñen por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións da Lei Valentín Paz-Andrade. Na categoría de poesía gañaron María do Cebreiro, con “O corazón” e José Ricardo Nunes con “Não sei, minha filha...”

Sociedade25/10/2016Autor: Redacción

Capicua é Ana Matos, un dos novos talentos da música urbana e de raíz electrónica que está a triunfar con Medusa. Coñecida pola súa escrita emotiva e politicamente comprometida, pola espontaneidade e por unha clara actitude feminista, conta xa cunha longa lista de colaboracións, conferencias, proxectos sociais e workshops, sempre arredor da palabra e da música portuguesa.

 

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016).

 

A retirada de billetes para asistir a este evento é na Escola Oficial de Idiomas de Santiago, de 09:00 a 20:00 horas, e no Teatro Principal, a partir das 18:00 a 21:00 horas. A entrada é libre e gratuíta até completar a capacidade da sala.

 

A gala, que será presentada polos artistas Carlos Meixide e Isabel Risco, está promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; patrocinada polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística e Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros