Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O rico mel da montaña en Muras


O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, xunto co Alcalde de Muras, Manuel Requeijo e o voceiro, Mario Rouco

A II Feira do Mel de montaña reunirá esta fin de semana a máis de 3.000 persoas no Viveiró.O evento terá lugar sábado e domingo na Praza do Viveiró no Concello de Muras, ampliando a súa programación debido ao éxito da pasada edició. O prezo de venta do mel será de 7.50 euros mínimo. Esta segunda edición contará cun total de 15 expositores, 9 de mel, e poderanse degustar todos os produtos autóctonos e de tempada, como queixos ou castañas.

Sociedade16/11/2016Autor: Redacción

En Muras existen,actualmente, 25 explotacións apícolas, con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandaría da zona. Anualmente prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, o que supón un notable complemento para as economías familiares. Froito do éxito da pasada edición este ano decidiuse ampliar a cita, na que esperan máis de 3.000 visitantes”. Esta nova edición contribuirá a poñer en valor este produto que actualmente xa é un referente en toda a Comarca.

O alcalde de Muras Manuel Requeijo explica que o pretenden con esta nova edición é promocionar o Concello, realizando esta feira nunha das parroquias de Muras, o Viveiró, que esta situada a 10 quilómetros do centro da vila, e por outra banda, poñer en valor o mel da Montaña. Sinalan que este produto elaborase no corazón da Serra do Xistral, “por iso é unha mel unica”.

Por último convidaron a todos os lucenses e a todos os visitantes a acudir esta cita. “Esta fin de semana é unha boa ocasión para coñecer Muras, o seu entorno e todos os seus produtos autóctonos”.

 

O prezo de venta do mel será de 7.50 euros mínimo. Esta segunda edición contará cun total de 15 expositores, 9 de mel, e poderanse degustar todos os produtos autóctonos e de tempada, como queixos ou castañas. Ademais durante toda a fin de semana os asistentes poderán participar en diversas actividades relacionadas co sector apícola como, charlas informativas ou un showcooking da man de Álvaro Villasante, un recoñecido chef galego. A musica correra a cargo do grupo Axóuxere de Roupar, e da Escola de gaitas de Covas.

 

Actividades para nenos con obradoiro de cestería e ceras de mel

 

O programa diríxese a todo tipo de público, xa que tamén se inclúen actividades para nenos, como un obradoiro de cestería ou actividades con ceras de mel. De maneira complementaria, na Feira do Mel de montaña de Muras tamén haberá postos de licores e outros produtos autóctonos. Ademais, o Concello porá a disposición dos veciños un servizo gratuíto de autobús para facilitar que se achegue o maior número de persoas.

 

Programa

 

Sábado 19 de novembro

 

- Ás 17:00 horas.- Charlas formativas, por xentileza de Casa do mel de Goente; As charlas inclúen pausas para cata de queixos do pais con mel, e cata de distintos tipos de mel:

 

Aproveitamento de produtos apícolas e Tipos de mel e as súas características.

 

- Ás 20.00 horas.- Degustación gratuíta de carne ao caldeiro

 

- Ás 20.30 horas.- Actuación musical

 

Domingo 20 novembro

 

- Ás 10:00 horas.- Feira do mel de Muras

 

- Ás 11:00 horas.- Apertura dos postos. Obradoiro de cestería

 

- Ás 12:00 horas.- Showcooking

 

- Ás 16:00 horas.- Obradoiro lúdico para nenos

 

- Ás 19:30 horas.- Fin da feira

 

- Ás 20:00 horas.- Actuación musical


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros