Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Cada penacho do carrizo da Pampa pode liberar un millon de sementes


Os carrizos da Pampa extendéronse a través da autopista

A Xunta de Galicia quere eliminar os penachos, o carrizo da Pampa (Cortaderia selloana) especie invasora e altaramente perxudicial para a flora autóctona. A Consellería de Medio Ambiente contratou por 300.000 euros os traballos para erradicar a planta de quince espazos protexidos, entre os que se atopan a praia das Catedrais e os areais de Valdoviño. Os sistemas de eliminación incluirán medios mecánicos para a erradicación da planta de raíz e o uso de herbicidas.

Sociedade07/12/2016Autor: Redacción

O carrizo da Pampa é unha planta incluída no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras e está prohibida a súa introdución no medio natural, xa que provoca o desprazamento da flora autóctona, coa que compite polo espazo e o alimento, degrada os hábitats naturais, deteriora a paisaxe e provoca a perda da biodiversidade do territorio no que se introduce. Dese xeito, está a causar perdas económicas no sector agrícola e forestal.

O BNG rexistrou unha iniciativa para proporlle ao Concello de Santiago de Compostela que emprenda un plan para a erradicación da planta  en espazos públicos e parcelas municipais, ademais de difundir un bando para instar á veciñanza a eliminar esta planta exótica invasora de xardíns e terreos particulares para contribuír a evitar a súa propagación co fin de que non degrade máis o noso hábitat.

Trátase dunha especie moi agresiva orixinaria de zonas tépedas de Sudamérica e é recoñecíbel polo seu gran tamaño e as súas canas esbrancuxadas con forma de penacho, usadas como elementos ornamentais. En Galiza foi introducida principalmente a través das medianas da AP-9 e de aí se propagou ás leiras e montes próximos ás autoestradas. Esta planta produce millóns de sementes que son desprazadas polo vento a unha distancia de até 30 quilómetros, polo que se estende a gran velocidade e provoca un grave impacto ambiental nas áreas naturais.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros