Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 22 de Xullo de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz


Club de lectura do IES Fene en Radio Fene

“Queríamos facer a nosa pequena homenaxe a un dos grandes da literatura galega, Agustín Fernández Paz” afirma Loly Lago, dos clubs de lectura do IES de Fene. A súa novela Cartas de inverno ten versión en narrativa clásica e tamén en banda deseñada con debuxos de Antonio Seijas. “Agustín sabe como capturar a paisaxe galega e é un experto na comunicación coa xuventude”. “É unha novela entretida, que engancha e divirte”. “É unha historia moi próxima, con pinceladas para que ti poidas profundizar en varios temas”. Son algúns dos comentarios sobre a novela de Agustín.

Sociedade22/12/2016Autor: Redacción

Loly Lago, Angeles Durán, Mario López e Manuel Polo opinaron sobre o libro en Radio Fene. Cartas de inverno é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1995 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano gañou o Premio Rañolas de literatura infantil e xuvenil. En 2016 saíu do prelo a 35ª edición tras acadar a cifra de máis de 100.000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros