Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 24 de Xuño de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Reclaman máis camas nas plantas dos hospitais


Arquivo Radiofusión

O virus da gripe transformouse en andacio nos comezos do ano 2017. O SERGAS informa de tres mortes por esta doenza e 119 ingresos confirmados. A intensidade é media con tendencia a medrar, segundo a Xunta de Galicia. As asociacións de pacientes e o pesoal de urxencias non entenden como, sabendo con certeza cando se desenvolve a cepa, non se toman medidas e se habilitan camas nas plantas dos hospitais.

Sociedade08/01/2017Autor: Redacción

A asociación de pacientes do CHUS de Santiago de Compostela denuncia que desde o 2008 a Xunta eliminou 800 postos de traballo na sanidade pública. "Agora, desde atención primaria, derivan pacientes a urxencias. Se o médico de cabeceira non logra unha cita co especialista, recomenda acudir a urxencias. Nos centros de saúde non hai especialistas" afirma o presidente da entidade Fernando Abraldes.

 

 Abraldes considera ?evidente? que os recortes son unha das causas de colapsos como os que viven estes días os servizos de Urxencias dos hospitais galegos. Para aforrar, Sanidade non substitúe ao persoal e esta austeridade reflíctese mesmo na obsolescencia dos equipamentos, que non se renovan. ?O persoal sanitario está sobrecargado pero aguanta o tirón por vocación de servizo público?, subliña o portavoz desta asociación de pacientes, que naceu precisamente como ?medio de expresión? dos usuarios do Sergas porque os profesionais teñen xa os seus propios sindicatos e asociacións: ?Que os pacientes non teñamos un medio de expresión utilízao a Administración para dicir que todo vai ben, que ninguén se queixa...?

 

A asociación de pacientes do hospital de Santiago ten claro que a deterioración da sanidade pública está a engordar as arcas da privada: ?Nun alarde de cinismo, e en nome da sustentabilidade do sistema público de saúde, aplícanse restricións inadmisibles de persoal e medios materiais que pon en perigo a vida dos pacientes e crean deliberadamente as condicións para justificar un maior peso da sanidade privada?.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros