Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Sés e Quinta do Bill gañan o Ari(t)mar


Gonzalo Constenla e Isabelle Kerdudo, da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

Os votos recibidos no certame Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2016 son Sés (A paz esquiva de Oporse á extinción) e Quinta do Bill (Faz bem falar de amor, de Todas as estações). Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse nunha gala que se celebrará en outubro, onde actuarán os grupos gañadores. Os seguintes máis votados, nos segundos postos, foron Poetarras (Chove en Galiza) e Deolinda (Corzinha de verão) e os terceiros Xoán Curiel (Ecuacións) e Raquel Tavares (Meu amor de longe)

Sociedade22/03/2017Autor: Redacción

Ari[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros