Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 17 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A lembranza das nosas avoas


Esther Val, Diana Castro e Andrés C.M. Riveira no Club de lectura de Radiofusión

“A avoa ten ese aura de unificadora, de núcleo central da casa, é o nexo en común cos nosos pais”. “A avoa é o piar da familia, a que sempre está tirando para que haxa reunións e celebracións”. “Eu teño unha avoa procedente do rural e iso significaba o nexo co mundo da aldea”. Son opinións de Esther Val, Andrés C.M Riveira e Diana Castro no club de lectura de Radiofusión a partir do libro de Marta Da costa, Na casa da avoa.

Sociedade12/04/2017Autor: Redacción

Na casa da avoa de Marta Da costa, é unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida. O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas e asimiladas. Mulleres todas que son as nosas avoas e que nos construíron, que nos botaron a este mundo e até nos legaron silenciosamente o desexo de rebelarnos e alzar a nosa propia voz. Nestas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros