Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Vivimos na dictadura da delincuencia


Paco Ibáñez no Teatro Xofre de Ferrol. 20 de abril de 2017

“Vivimos na dictadura da delincuencia” díxolle un taxista italiano a Paco Ibáñez resumindo a súa analise da situación política. O cantautor contou a anécdota en Ferrol na súa participación na Semana da Poesía Salvaxe. Paco Ibáñez interpretou poemas de Antonio García Teixeiro e de Celso Emilio Ferreiro no seu concerto no teatro Xofre o vinte de abril de 2017.

Sociedade21/04/2017Autor: Redacción

Acompañaronno no escenario a guitarra de Mario Mas, pero tamén arrouparon ao xograr, o músico Miro Casabella e Antonio García Teixeiro. Lecións de intensidade, forza e cercania co público musicando poemas de Luis de Góngora, Arcipreste de Hita pero tamén de León Felipe, Pablo Neruda ou García Lorca. Tamén recitou e cantou os versos de José Agustín Goytisolo:  'En tiempos/ de ignominia como ahora/ a escala planetaria/ y cuando la crueldad/ se extiende/ por doquier fría y robotizada/ aún queda mucha buena gente/ en este mundo/ que escucha una canción/ o lee un poema..."


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros