Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

O precursor Cinema Liceo Barallobre


Edificio do Cinema Liceo Barallobre

O cine é unha das artes e industrias que mellor caracterizan ao século vinte. Dos anos corenta ao 1975 as salas de cine viviron a súa etapa de maior apoxeo. Antonio L.Maceiras Abelleira introduciu o séptimo arte en Fene. Na década dos anos 20 mercou a primeira máquina de proxección e, de maneira ambulante, levou a maxia do cine mudo por canto salón de baile llo demandaba. En 1928 Maceiras abre o seu salón de baile. Poucos anos despois, en 1934, abrirá o Cinema Liceo Barallobre. Nunha declaración de contribución industrial de 1938, cítanse 40 funcións de cine ao ano, con 100 asentos de 1 peseta e 100 de 40 céntimos.

Sociedade18/05/2017Autor: Redacción

Cine e baile situábanse no lugar da Riveiroa, na estrada da Palma en Barallobre. Antes de que se dotase aos cines de Fene dun espazo propio, as proxeccións realizábanse nos salóns de baile, colocando os asentos antes de comezar a función e retirandoos ao remate. O máis veterano operador de cine de Fene Ricardo Diaz, lembraba a Maceiras como o home que lle meteu o veleno do cine no corpo. "Rasputín" foi un dos primeiros filmes que se proxectou no CLB, que traballaba con 2 funcións, ás 4 da tarde e ás 22,30 horas. O horario das proxeccións fixábase en función do baile, que tiña lugar no medio. Maceiras pechou o cine no 1948, un ano despois de instalarse en Barallobre, a competencia do cine Adriano.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros