Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Rosalía de Castro merece unha gran película


Anxos García Fonte e María Xesús Lama no Monumento ao Camiñante Descoñecido (Barallobre Fene)

"Rosalía de Castro merece unha gran película, unha gran novela ou unha gran serie de televisión" afirma a investigadora María Xesús Lama, autora de Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Temáticas tan diferentes como o amor, desamor, vida, nación, morte, maternidade e un longo etcétera aparecen todos na obra da máis grande escritora das letras galegas.

Sociedade07/08/2017Autor: Autora: Anxos García Fonte

Se a calquera galego ou galega nos preguntasen por unha figura emblemática da nosa cultura a maioría, por non dicir todos, contestariamos Rosalía de Castro. Se aínda nos demandasen as razóns polas que na súa figura se concentra tal unanimidade, diriamos que ademais de ser autora de libros comunmente coñecidos e admirados foi unha pioneira en moitas loitas coas que hoxe seguimos sentíndonos identificados. E cada un de nós escollería un motivo presente na obra da autora: a defensa dunha cultura desprezada, a sensibilidade cos desfavorecidos e marxinados, a defensa dos dereitos e as capacidades das mulleres, a denuncia das inxustizas sociais... poderiamos seguir. 
O interese por Rosalía de Castro medra cada día tanto en ámbitos académicos como populares, se cadra por iso a biografía da autora de Follas Novas publicada por Mª Xesús Lama, está suscitando un gran interese en ámbitos sociais moi diversos. 
A escritora de Padrón demostra nas súas obras unha mirada extraordinariamente lúcida do tempo e da sociedade que lle tocou vivir, de xeito que a súa voz crítica segue tendo plena vixencia na actualidade.  A última achega á vida de Rosalía de Castro de Mª Xesúa Lama, é un libro imprescindible para calquera que estea interesado nesta autora e nos mecanismos sociais e culturais que a convertiron nun auténtico símbolo de Galicia.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros