Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Outubro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Ampla oposición á reforma da Lei de Saúde impulsada pola Xunta


Manifestación pola sanidade pública. Ferrol.

A reforma da Lei de Saúde impulsada pola Xunta de Galicia xera un amplo malestar entre os profesionais do SERGAS. Esta modificación normativa reduce de once a sete as áreas de xestión sanitaria o que xenera reticencias en diferentes puntos. Para a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia esa reordenación "marxina á atención primaria". O Consello Galego de Médicos tampouco está de acordo con que se permita cubrir prazas por libre designación e que se abra a porta a que outros profesionais exerzan como inspectores médicos.

Sociedade11/08/2017Autor: Redacción

"Os inspectores teñen unha formación específica, accederon á súa praza mediante unha oposición e as súas funcións están reguladas por lei. No texto, tal e como está redactado, outros profesionais poderían exercer como tales e non estamos de acordo", sinalan.

O terceiro punto en discordancia é o que se refire a a provisión de prazas e postos de traballo no sistema público de saúde. Segundo di o articulado, poderán facerse mediante "os procedementos de selección, promoción interna, mobilidade, reingreso ao servizo activo e libre designación". Os Colexios Médicos rexeitan que se poidan contratar profesionais sanitarios "a dedo" e esixe que se faga sempre baixo os requisitos de "igualdade, mérito e capacidade".

Con esta crítica coincide a Plataforma SOS sanidade Pública de Galicia que advirte que a nova Lei de Saúde incrementará "a discrecionalidade" nas contratacións, "a inequidad e a dependencia dos profesionais do Sergas".

Este colectivo considera "sospeitoso e inaceptable" que se presente o proxecto de reforma da Lei de Saúde no período estival. Non só non está de acordo coa reordenación das áreas de xestión que, na súa opinión, "marxinan á atención primaria", senón que advirten que o novo texto "legaliza a privatización do I+D+i sanitario" ao dotar de personalidade xurídica propia e autonomía de xestión aos organismos público-privados que xestionan a docencia e a investigación.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros