Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

De San Paio a Arcos


José Rendueles, Raúl Veiga e Paula Romero do Círculo de Fene

Arcos no Carballiño gábase de ser un dos lugares de Galicia onde mellor se prepara o polbo. O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene prepara unha excursión ao Carballiño para setembro pero este sábado organiza unha degustación gastronómica de espetos de ibérico con chourizo.

Sociedade11/08/2017Autor: Redacción

O Círculo de Fene organiza unha excursión ás festas do Carballiño para a fin de semana do 15,16 e 17 de setembro. A viaxe inclue aloxamento en réxime de pensión completa na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia. Sairáse o venres ás catro e media da tarde da Praza do Concello. Visitaránse as adegas de Viña Costeira e a vila de Ribadavia. Na viaxe de retorno acudiráse ao Pazo de Oca na Estrada. O prezo para as persoas socias ascende a 100 euros, 120 para as non socias. O prazo de inscrición fecharáse o 28 de agosto. Pódense formalizar no local da entidade en San Paio ou no teléfono 981 342954.
A entidade prepara ademais para este sábado unha xornada de espetos de ibérico con chourizo. Carmen María arrufará a velada o sábado 12 de agosto ás 8,30 da tarde con entrada libre.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros