Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Rey Varela, berberecho de ouro


Rey Varela recibindo a insignia na Festa do Berberecho

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu onte á XXIII Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa e foi o encargado de dar comezo á mesma coa lectura do pregón. Así mesmo, foi condecorado coa insignia de ouro e brillantes que entrega dito concello, unha distinción da
que asegurou sentirse “moi orgulloso”.

Sociedade14/08/2017Autor: Redacción

Durante a súa intervención, Rey Varela encomiou o gran labor das mariscadoras nas costas galegas e fixo referencia á importancia do sector do mexillón asegurando que “a especialización e localización das explotacións e da produción, convérteo no eixo da economía desta ría”. Ademais, engadiu que Galicia “está á vangarda no eido gastronómico grazas á insuperable materia prima da que dispoñemos no noso mar”.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros