Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A sombra de Mohammed Atta en Cambrils


Fotografía vilaweb

Galicia amosa a súa solidariedade con Cataluña. Todos os partidos políticos condenan os atentados terroristas de Barcelona e Cambrils. A Xunta de Galicia cancelou os actos previstos para hoxe e os Concellos convocan minutos de silencio para as doce deste mediodía.

Sociedade18/08/2017Autor: Redacción

Segundo o portal catalán vilaweb, o exipcio Mohammed Atta inscribiuse no hotel Mònica de Cambrils o 8 de xullo de 2001. Só oito semanas despois, estrelou contra as Torres Xemelgas de Nova York un Boeing 767 de American Airlines. En Cambrils,  pasou soamente unha noite, pero sábese que coordinou os atentados do 11-S cunhas cantas persoas, en reunións que se fixeron nalgún lugar desta localidade, que ninguén puido identificar aínda.

Este hotel, Mònica, continúa aberto e – tanto se é casualidade coma se non- está só a unha esquina do paseo onde esta madrugada, arredor da unha, os Mossos abateron cinco membros dun grupo armado que, segundo que parece, tentaban unha nova matanza. Tentaban un último golpe, despois da explosión dunha casa en Alcanar e do atentado na Rambla de Barcelona, onde polo menos morreron trece persoas. Pero a policía frustrou o intento e empeza a atar cabos e relacionar os tres sucesos. Ao parecer na vivenda de Alcanar a célula xihadista preparaba os explosivos para un atentado. Un estoupido dunha bombona de butano provocou a morte dun deles e a detención de outra persoa que resultou ser a que tiña alugado as dúas furgonetas implicadas no atentado de Barcelona.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros