Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Septembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Os Falperrys co Sankt Pauli de Hamburgo


Maikel Rodeiro, do Fenerock

Os Falperrys é un grupo que acadou sona internacional tras participar nun concerto en Hamburgo (Alemaña) en apoio do Sankt Pauli. Trátase dun club de fútbol ao que non lle importa gañar, pero que ten nos seus estatutos o compromiso coa igualdade de xénero, a benvida aos refuxiados e a repulsa ao nazismo, ao racismo e ao fascismo. Presume de once millóns de seguidores en todo o mundo e organiza anualmente un festival musical de irmandade con clubs de Escocia e Irlanda. Nesa cita participou hai uns anos o grupo Os Falperrys en representación de Galicia. Eles fan “punk-folc tabernario para almas perdidas”.

Sociedade13/09/2017Autor: Redacción

Chova ou non chova, en setembro a música chega a San Valentín e a Fene. Rockeiros de toda Galicia acuden á zona do paseo marítimo situada entre o pavillón polideportivo e o colexio. Os Heredeiros da Crus e Os Falperrys tocarán este ano no Fenerok. O festival celebrase o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de setembro. As actuacións desenvolveránse baixo carpa con entrada de balde. A organización tamén habilita unha zona de acampada gratuita. Pepo Suevos presentará un festival que este ano contará coa presencia de diferentes food trucks. O venres 15 actuarán Maneida, On Fire, Five Strings band e Riff Raff. O sábado haberá pezas do mediodia coas Tipycols. Xa á noite subirán ao escenario Fufu, Falperrys, The Bollocks e Os Heredeiros da Crus. O domingo 17 como fin de festa actuarán os “Malditos Pendejos” e se organiza unha foliada popular con churrasco e paella aberta a todas as persoas interesadas.


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Enquisa

Os galegos e galegas debemos ter dereito a decidir?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros