Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 17 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Repárase a rúa Travesa entre Fene e Perlío


Obras na rúa Travesa de Fene

O concello de Fene inicia as obras de reparación da rúa Travesa. O coste dos traballos ronda os 30.000 euros e contan cun prazo de execución de 28 dias. A empresa José No encargase da reparación do firma, instalación de novos tubos para o abastecemento de auga e para o drenaxe das choivas. A obra tamén servirá para preparar unha zona de tránsito peonil máis segura. O ancho medio deste camiño ronda os 3 metros e medio.

Sociedade14/09/2017Autor: Redacción

Os traballos de mellora na Rúa Travesa consisten en reparar o firme deste eixo viario próximo ao centro urbano de Fene e na instalación de novas tubaxes tanto para o abastecemento de auga potable como para a drenaxe da da chuvia. Ademais, a obra tamén servirá para preparar unha zona de tránsito peonil máis segura. O Concello adxudicoulle o proxecto a José No Mantiñán e Hijos S.L. por un prezo próximo aos 30.000 euros e un prazo de execución dun mes.


A rúa Travesa é un caso peculiar dentro da rede viaria municipal. Malia ter nome de rúa a súa feitura responde á dun camiño que non ten encaixe na trama urbana municipal definida no PXOM. O ancho medio anda nos 3,5 metros e nalgúns puntos incluso é menor por ter vivendas e ribazos a un e outro lado.


Circunstancias todas elas que dificultan o tráfico -intenso por esa zona- e que, ademais, "fan practicamente inasumible levar adiante obras maiores, como beirarrúas a ambos lados ou o ancheado da calzada. Con todo,desde o Concello debemos manter esta e outras pistas nas mellores condicións posibles", tal e como reiteraba esta mañá o edil de Obras Justo Martínez, quen inspeccionou o inicio dos traballos na compaña da titular de Seguridade, Sandra Permuy.  


As obras comprenden unha distancia de 250 metros, entre os cruzamentos coa rúa Alta e Alcalde Gerardo Díaz. En todo o traxecto cambiaranse as vellas tubaxes por outras de polietileno de 110 milímetros con chaves de paso e arquetas de rexistro para acceder a elas. Tamén se prevé instalar unha boca de rega na parte central da vía.


No referido á canalización de pluviais o proxecto define a limpeza das cunetas e a construción dunha plataforma dun metro de ancho e cun deseño de “v” aberto pola que tamén poidan circular viandantes. Debaixo dela irán instaladas  tubaxes de PVC de 400 mm que tamén recollerán a auga das baixantes dos tellados da zona.


O traballo quedará listo coa intervención na capa de rodadura, sobre a que primeiro se fará un rebacheo para logo cubrila con asfalto aglomerado de 5 centímetros de espesor.


A empresa que resultou adxudicataria dos traballos foi a coruñesa José No Mantiñán e Hijos Construcciones S.A., cunha oferta de 29.129,43€, ive incluído, na que, ademais, se compromete a facer os traballos en 28 días naturais. Esta mañá un representante da construtora mostraba a súa confianza en axustarse aos prazos sempre que o tempo axude, é dicir, sempre que non choiva con abundancia.


En calquera caso, o responsable da área de Obras, Justo Martínez, lembrou que o obxectivo do proxecto é "reparar unha vía moi estragada polo uso e polo paso do tempo, xunto coa mellora da seguridade para o tráfico e os peóns".


Alén desta finalidade, Martínez recalca que "igual que noutras zonas", o Concello está aproveitando este tipo de intervencións para repoñer infraestruturas hidráulicas danadas ou nun estado precario. "De paso que se se amañan as estradas o lóxico é amañar tamén o que hai debaixo. Hai tubos e conducións da auga con case corenta anos de antigüidade que, de non arranxarse agora, acabarían rompendo tarde ou cedo, obrigándonos a desfacer todo o traballo feito na superficie".


Comentarios:
25/09/2017 - obras a medias. pilar seijo formoso (rua travesa 62)
hoy por la tarde me entere de q nos dejan las obras del camino sin canalizar la mitad del camino.Nos dijeron los obreros q el ayuntamiento les mando solo la mitad es una verdadera chapuza.
cuando se caigan los coches en la
cuneta q hay





Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros