Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 17 de Novembro de 2017
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Cancro de mama e violencia machista


Mulleres de Fene na Carreira da Muller da Coruña. 2016

173 mulleres de Fene participan este domingo na carreira da Muller da Coruña. A asociación Por máis vida organiza o desprazamento que conta coa axuda municipal. O Concello financia os dous autobuses utilizados na viase. Por máis vida obtivo o ano pasado o primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta e o segundo premio como asociación con mellor tempo de chegada.Os motivos solidarios da carreira son o apoio á loita contra o cancro de mama e manifestar a repulsa pola violencia machista.

Sociedade14/09/2017Autor: Redacción


Por máis vida repartirá as camisolas e o material da carreira o sábado entre as once da mañá e a unha do mediodia no salón de plenos da Casa do Concello de Fene. O domingo sairáse do Concello de Fene ás oito da mañá. Máis de sete mil corredoras participarán no evento que percorrerá seis quilómetros desde o estadio de Riazor ata a torre de Hércules.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros