Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Reclaman cambios na política forestal para limitar os efectos do lume


Incendios do 14 e 15 de outubro de 2017

A asociación profisional de bombeiros forestais de Galicia critica a descoordenación e reclama cambios na política forestal para poder limitar os efectos devastadores do lume. Galicia gasta cada ano 170 millóns de euros en previr e apagar incendios. A Xunta cifra en máis de 35.000 hectáreas a superficie afectada polo lume os pasados 14 e 15 de outubro. Morreron catro persoas, 15 vivendas quedaron totalmente destruidas e houbo que evacuar a duas mil cen persoas.

Sociedade25/10/2017Autor: Redacción

Un monte productivo esixe unha ordenación, que é a maior prevención contra o lume. O problema dos incendios agudízase cando o monte non ten valor. Pero Galicia é unha potencia forestal co 50% das talas de España a pesar de representar só o 7% do territorio. Pero o 33% da superficie forestal galega permanece abandonada. Os bombeiros forestais reclaman a súa posta e apostan tamén por un modelo único, público e coordinado do dispositivo da loita contra o lume.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros