Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

A revolución rusa e o cine


Angel Luís Hueso

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá martes, día 31, a terceira conferencia do “Ciclo Construtivismo” sobre a arte da Revolución Soviética, que este ano celebra o seu centenario. A charla versará sobre “Crear unha linguaxe: Revolución e cine” e estará impartida polo catedrático de Historia do Cine da Universidade de Santiago e académico da sección de Artes da Imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes, Ángel Luis Hueso Montón. Esta actividade, que forma parte da iniciativa “Martes das Artes”, celebrarase ás 20:00 horas na sede da institución (praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1. A Coruña).

Sociedade30/10/2017Autor: Redacción

Segundo explica o profesor Hueso, unha das primeiras consecuencias da Revolución Soviética foi o desexo de crear unha nova sociedade, e nese esfozo o cine adquiriu unha especial importancia como “vehículo de comunicación e adoutrinamento da poboación”.

O catedrático expón que no período que vai de 1917 ata 1929 o cine acumula unha serie de aportacións singulares a fin de crear “unha linguaxe nova que impacte nos espectadores”, e nese traballo fusionan os vangardistas o seu anhelo de reiterpretar a imagen e as reflexións sobre o sentido que debe ter o cine no marco da revolución. “As contribucións de homes como Vertov, Kulechov, Eisenstein ou Pudovkin alcanzaron un relieve que vai máis alá do que supuxo aquel momento de transformación. Incorporáronse á historia mundial do cine” –destaca–.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros