Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Cans de raza e de tiro


Adrián Sánchez co seu can

O primeiro Mushing Lago de As Pontes celébrase este domingo cinco de novembro. O club Lobos de Naraio organiza esta proba dun deporte de inverno que conta con crecente tirón en Galicia. O cans de raza kamutik ou husky tiran un trineo por unha superficie de neve ou tamén tirando karts sobre rodas na modalidade de terra.

Sociedade02/11/2017Autor: Redacción

O mushing é un deporte que se caracteriza polo uso de cans de tiro para desprazarse, ten varias modalidades e tres de elas desenvolvesen nesta proba oficial;  Patin, Bikejoring e Canicross.
O evento está encadrado dentro da liga Galega de Mushing na súa tempada 2017-2018 e correspóndese coa 3ª proba do calendario. Terá lugar o día de 5 de novembro de 2017 no Concello das Pontes de García Rodríguez. O circuíto localízase nas inmediacións do Lago das Pontes, xusto nos arredores do núcleo urbano e á saída da autovía, tendo como saída e chegada a zona da praia fluvial e percorrendo unha parte da marxe do lago.
O circuíto da proba consta dunha distancia de 3.800 metros para a proba federada e 2.200 metros para a proba popular, cun firme adecuado para o desenvolvemento de todas as disciplinas de mushing; transcorrendo todos eles entre zonas de herba e pistas de terra compostas de pedra fina compactada, que se corresponde aos camiños abertos ao redor do lago para que os viandantes realicen paseos nesta atractiva contorna.
No evento terán lugar as probas de Patin, Bikejoring, Canicross federados que darán a saída ás 10:00 da mañá e cun percorrido de 3,8 kms.
Ao finalizar a proba federada celebrarase unha proba popular de canicross, para que todas aquelas persoas que queiran iniciarse neste deporte, poidan ter unha primeira toma de contacto, será unha distancia de 2,2 kms.
As dúas probas desenvolveránse de acordo coas especifcaciones sobre as categorías da normativa da FGDI a este respecto.  Participarán corredores de toda a comarca tanto na proba masculina como na feminina cunha traxectoria avalada por uns 6 anos de competicións en probas oficiais e populares. Corredores de Fene, Narón, Ferrol e San Sadurniño competirán nesta proba así como corredores de toda Galicia. A proba está organizada polo Club Lobos de Naraío e colaboran Club de montaña O Caxado, Concello das Pontes de García Rodríguez e Nexo, centros veterinarios das Pontes.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros