Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Campaña de odio inaceptable en Europa


Fotografía ACN (cedida)

Europa cala ante a vulneración de dereitos en Cataluña. Un silencio que Alfred-Maurice de Zayas, autor dun informe sobre a autodeterminación por encargo da  ONU, relator especial independente das Nacións Unidas para a Promoción dunha Orde Democrática Internacional e profesor de dereito internacional en Suíza tacha de escándalo e de moi prexudicial para a credibilidade da UE.

Sociedade04/11/2017Autor: Redacción

Remarca que non pode falar en nome da ONU, pero si como experto en dereito internacional e como autor do informe A-69-272 que presentou o 2014 ante a Asemblea Xeral da  ONU sobre teoría e práctica do dereito á autodeterminación, que foi totalmente aceptado e que ten unha gran relevancia para o caso de Cataluña. De Zayas foi profesor en prestixiosas universidades norteamericanas e europeas, como Harvard, Toronto ou Göttingen. Defende que unha declaración unilateral de independencia non vulnera o dereito internacional e pide aos cataláns que reivindiquen este dereito e denuncien a brutalidade policial e xudicial de España a todas as instancias internacionais. Avisa que o Goberno catalán sofre unha campaña de odio inaceptable na  Europa moderna, segundo asegura nunha entrevista no diario El Mon .


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros