Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Oitenta mulleres músicas galegas ilustradas


Laura Romero

Retratos de oitenta mulleres que se adican á música en Galicia. Un listado con máis de 150 nomes. Neso consiste o proxecto Músicas Galegas Ilustradas impulsado por Laura Romero, licenciada en Belas Artes e baixista do grupo de rock Zénzar. Pode consultarse nunha páxina de facebook, nunha web propia e nunha exposición física que percorre centros sociais de Galicia.

Sociedade08/11/2017Autor: Redacción

Músicas Galegas Ilustradas é un proxecto persoal que combina as dúas facetas da súa autora, Laura Romero, ilustradora e música. Licenciada en Belas Artes desde o ano 2014, forma parte da banda decana do rock galego Zënzar desde febreiro do 2016, substituíndo a Tabe (membro fundador) ó baixo. Meses máis tarde comeza a tocar ca banda en diversos festivais por toda Galicia, e é cando se da conta da escasa participación de mulleres en relación á dos homes. A idea inicial que deu paso a este proxecto de ilustración e música galega foi a elaboración dunha listaxe de nomes, que meses máis tarde, concretamente en xuño do 2017, comezarían a ser retratos.
O proxecto comeza a agromar desa listaxe de nomes femininos, facendo unha ilustración de cada un deles. Cada unha das ilustracións, dedicadas a unha artista (no caso das músicas con carreira en solitario) ou a varias (se son compañeiras de banda ou de proxecto) van acompañadas dun breve texto. Gracias ó estilo das ilustracións, de aparente execución rápida, lineal pero tratando de ser retratos recoñecibles, o proxecto vai acadando o seu propósito: difundir e dar visibilidade ás mulleres do panorama musical galego.


Comentarios:
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros